Os lectores poderán comentar libros no programa “Biblioteca Gallega” de Radio Voz

Boca-orella

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O programa de Radio Voz “Biblioteca Gallega” que conducen o escritor e xornalista Jesús Fraga e Manuel Rodríguez inclúe desde agora unha nova sección de nome “O recanto de lector” onde calquera persoa que veña de ler un libro poderá facer público o seu comentario do mesmo. O programa emítese de luns a venres entre nove e nove e media da noite e os comentarios de lectores poderán chegar por teléfono ou por correo electrónico. O obxectivo da sección é servir de orientación a outros lectores e promover a lectura polo boca-orella.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rodríguez, La Voz de Galicia, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Entidades