Ademais de letras, o amantes da música tiveron tamén noticias esta fin de semana. O sábado presentábase o programa do XX Festival Celta de Ortigueira, que se celebrará entre o nove e o once de xullo deste ano e que contará coa presenza de The Chieftains, que tocarán acompañados de Carlos Núñez. Capercaille, La Bottine Souriante, Alan Stivell ou Os Cempés son algúns dos outros grupos que se achegarán ao evento. Tamén coñecÃamos nestes dias o programa do VII Festival Mozart, que levará á Coruña óperas de Donizetti, Rossini ou Mozart, alén da participación de virtuosos coma Massimiliano Damerini, Alba Ventura ou Tedi Papavrami. Finalmente, tamén se fixo público o programa do Festival da Música de Galicia, que se celebrará en Santiago a finais de xuño e contará con Luciano Pavarotti coma estrela principal.
Máis información sobre o Festival de Ortigueira en La Voz de Galicia; sobre o Festival Mozart en e en El Correo Gallego; sobre o Festival da Música en La Voz de Galicia