Obras de Verdi, Mozart e Donizetti sonarán no Festival de Ópera de Vigo

Vigo tamén ten ópera

26/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Este ano cúmprese o cuarto centenario do nacemento da ópera. Esta efeméride, xunto co interese de recuperar a tradición deste xénero en Vigo, foron determinantes para que Asociación de Amigos da Ópera presentara esta fin de semana o programa do “Festival de Ópera”. Un evento que programará música de Verdi, Mozart e Donizetti, e contará coa presenza da recoñecida soprano Violeta Urmana. Ademais das representacións haberá tamén un ciclo de conferencias que comezará o 29 de marzo no Centro Cultural Caixanova.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do Diario Metropolitano

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Vigo, Mozart, Xénero...