Angela Gheorghiu é a estrela do 52º Festival de Ópera de Coruña

Ópera con cartel

24/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A presidenta da asociación de Amigos da Ópera, Natalia Lamas, acaba de presentar o programa do 52º Festival da Ópera de Coruña. Un evento que ten dúas grandes novidades: A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) non participará no evento por ter comprometidas esas datas e porque os concertos do cartel non se celebrarán só na Coruña, senón tamén en Vigo e Santiago. O cartel ten dúas óperas ("Tosca" de Puccini e "Lucia di Lamermoor" de Donizetti) e dúas galas líricas (Francisco Casanova e Angela Gheorghiu, considerada pola crítica a maior sorpresa vogal das últimas décadas). A programación complétase con cine e conferencias.

Máis información en La Opinión, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Orquestra Sinfónica de Galicia, Cine, Asociación de Amigos da Ópera...