Son xa 52 as veces nas que unha asociación afeccionada, a Asociación de Amigos da Ópera leva promovendo un certame lÃrico en A Coruña. Este sábado comeza unha edición na que apostan por grandes voces (Angela Gheorghiu e Francisco Casanova) e tÃtulos coñecidos (como "LucÃa" ou "Tosca"), pero que encerra un obxectivo moito máis ambicioso: crear un festival de ópera para toda Galicia.
"Cremos que Galicia deberÃa ter e pode ter un festival de ópera e cun nivel que non teña nada que envexar aos que se fan noutros lugares". Asà de esperanzador fala César Wonenburguer, quen é o director artÃstico da 52 edición do Festival de Ópera que este sábado comeza en A Coruña. E os primeiros pasos que apunta cara a celebración dese gran festival xa se dan na programación deste ano ao incluÃr a Santiago e a Vigo dentro do cartel. Un feito non estritamente novidoso, xa que "este festival, comenta Wonenburguer, estivo ligado historicamente a outras cidades galegas, concretamente a Vigo coa que sempre houbo unha certa aproximación musical". E por iso, este proxecto ten a honra de ser unha experiencia piloto sirva para demostrar que ese gran festival pode ser.
Esta edición
Deixando os futurÃbeis a un lado, o que xa está pechado para o presente é a programación desta 52 edición onde as principais novidades están, segundo o director artÃstico do festival, na "participación pola primeira vez na historia do evento da Sinfónica de Castela e León, que será a titular ante a ausencia da Sinfónica de Galicia; que no lugar dunha gala lÃrica se fan dúas, coa aparición dun cantante como Francisco Casanova e Angela Gheorgiu; e na solidez das voces contratadas, que son todos cantantes de gran nivel internacional, que actúan nos teatros de primeiro nivel". Non hai lugar a dúbidas, a programación desta edición está pensada para que o resultado sexa exitoso. Algo que xa se pode prever, xa que segundo confirma César Wonenburguer, "en A Coruña a función de "Tosca" está practicamente vendida a un mes vista e na de "Lucia" quedan moi poucas entradas".
Un cartel con tÃtulos moi coñecidos que pretende recuperar parte do público perdido nos últimos anos. César explica que "este ano quixemos asegurar porque arriscamos un pouco nos últimos dous ou tres anos e o resultado foi un descenso notábel no público, sobre todo nos abonados á Asociación de Amigos da Ópera" . Por iso "Tosca" de Pucini e "LucÃa di Lamermoor" de Donizetti son óperas co suficiente gancho como para volver a crear un clima de adeptos ao xénero lÃrico. Pero non por iso, a organización do festival deixa de asumir riscos, como o de montar unha versión de Tosca moi galega. "Trátase dun risco controlado como é que se faga a produción enteramente en Galicia, cun escenógrafo galego (Xosé Méndez) cunha posta en escena dun director galego (Xosé Manuel Rabón), e que marca outra liña na que queremos apostar un pouco". Unha aposta "made in Galicia" que vai alén de todo o equipo técnico de traballadores, incluÃndo tamén un pequeno papel, unha das voces de LucÃa, que corre a cargo dunha mezzosoprano de Pontevedra que se chama Nuria Lorenzo.
O único que pode restar unha participación galega, é que a orquestra titular non é a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) que non estará no festival debido aos seus compromisos internacionais (a presenza no festival de Pésaro durante o mes de agosto, fai que neste mes de setembro o cadro da OSG estea de vacacións). Un feito que causa un forte prexuÃzo económico, xa que "traer unha orquestra custa moitos cartos que se podÃan invertir noutras cousas", explica o director artÃstico.
O festival fai números
O orzamento para este ano conta con 120.000 euros e "coa axuda do Xacobeo que permitiu que as óperas saÃan da Coruña e que se poida ter unha orquestra (A Orquestra Sinfónica de Castela e León) de primeiro nivel". Mais iso non evitará que as entradas sexan de pagamento, un feito que para Cesar Wonenburguer merece especial consideración, xa que "Se tiveramos que pór as entradas a prezo de mercado, é dicir, o que se paga no mercado por aà adiante, haberÃa que incrementar o 100% o prezo das entradas". É que a ópera, pola orquestra, coro, cantantes, posta en escena, decorados é o espectáculo máis caro das artes escénicas.