Faktoría K presenta unha colección de escolmas poéticas ilustradas

Nova colección de Faktoría K

26/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Trala recente conmemoración -o 21 de marzo- do Día Mundial da Poesía, a editorial Faktoría K presenta unha nova iniciativa editorial, a colección Trece Lúas, que se inaugura con senllas escolmas poéticas de dous dos autores máis sobranceiros na Historia da Literatura Galega: Rosalía de Castro (Santiago, 1837- Padrón, 1885) e Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979). Dous libros con páxinas despregables que conteñen trece poemas cada un, ilustrados por Belén Padrón e Baldo Ramos, respectivamente. A editorial presentou estes dous primeiros número da colección na Libraría Couceiro de santiago nun acto no que participou a Presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar, o crítico literario Ramón Nicolás, especfialista na obra de Celso Emilio e o artista Baldo Ramos.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Baldo Ramos, Padrón, Ramón Nicolás...