A física protagoniza o V Día da Ciencia en Galego

Xosé Rodríguez e Isaac Newton son os personaxes homenaxeados na data

4/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: ciencialingua
25 lecturas | Compartido 0 veces

Unha exposición sobre arte e ciencia na Galería Sargadelos de Santiago, outra sobre sensores na Deputación Provincial de Lugo, unha xornada especial de creación de artigos na Galipedia ("Editatón") o vindeiro sábado oito, conferencias ou concursos son algunhas das actividades do V Día da Ciencia en Galego. A xornada, que se celebra hoxe, homenaxea nesta ocasión a Isaac Newton e mais o matemático galego Xosé Rodríguez, e está dedicada ao dereito a gozar da física en galego.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares