Un proxecto recolle a importante achega de Xosé Vizoso en Sargadelos

Arraianos producións presenta na rede todo tipo de materiais multimedia sobre o artista incluíndo pezas audiovisuais feitas con estudantes de Secundaria

7/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaArte
Compartir:

Coma unha homenaxe e recoñecemento ao traballo feito por Xosé Vizoso xunto a Isaac Díaz Pardo en Sargadelos desde 1968, a produtora Arraianos, co apoio da Deputación provincial da Coruña ven de presentar un proxecto na rede sobre o artista. Poñendo o foco na traxectoria do mindoniense, na súa achega ao éxito de Sargadelos como creador e deseñador e na variedade da súa obra en diferentes formatos, o web saca da sombra de Isaac a este artista fundamental e sempre presente nos pasados 50 anos da cultura galega. Ademais, dentro deste web inclúese un proxecto pedagóxico multimedia polo cal Arraianos en colaboración de tres centros educativos de Brión e Santiago de Compostela, están a organizar actividades arredor da exposición itinerante de carteis de Xosé Vizoso e levaron a cabo unha entrevista gravada en vídeo co propio Vizoso feita polo alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago e dirixida por Aser Álvarez baixo a coordinación didáctica do profesor Alberto Sacido, entrevista que á vez fai parte dun documental.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

29/01/2025

Xosé Vizoso, o artista agochado

O Día da Ilustración reivindica un creador que marcou coas súas propostas icónicas a paisaxe cultural do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Vizoso, Sargadelos, Secundaria, Isaac Díaz Pardo...