Un berro contra a guerra presenta a XVIII Semana de Poesía Salvaxe

Ferrol acolle a nova xeira do encontro literario entre os días 23 e 25 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: literaturapoesía
Compartir:
Un berro contra a guerra presenta a XVIII Semana de Poesía Salvaxe

A Semana de Poesía Salvaxe volta a Ferrol esta primavera coa súa décima oitava xeira. Co lema "Non á guerra!" o encontro desenvolverase entre os días 23 e 25 con máis de vinte nomes participantes nos diferentes recitais e actividades do programa.

Pepe Caccamo, Francisco Sampedro, Xan Zegry e Eva Veiga abrirán esta iniciativa co encontro Poesía e pensamento a partir das 18:30 horas. Un concerto de Bacalhau And Quartet ás 22:30 fechará a primeira xornada. Na mañá do día 24 o Mercado de Recimil iniciará as actividades cun recital expandido a reunir os nomes convidados ao evento, e acompañaraos a proposta Alén da Música, a Poesía, con Pedro Campos e Paloma. Ás 13:00 horas, a Fundaçom Artábria acollerá os versos de Olalla Cocinha, Aldo Zotes, Antonio Méndez Rubio, Beatriz Garcia e Elisabeth Oliveira. Na sesión de tarde, a Capela do Centro Cultural Torrente Ballester acollerá a proposta As Adorábels Derrotas de Chefa Alonso e Xan Zegry. Canda a esta, Uxío Novo, Olalla Cocinha e Edu Poch completan o cartel. Ás 23 horas, Manchita Cosa protagonizará a homenaxe ao Café Voltaire.

 

O Centro Cívico de Canido acollerá o día 25 ás 12:30 horas a actividade A un amanecer, otro crepúsculo con Víctor M. Díez, Chefa Alonso, Antonio Méndez Rubio, Elisabeth Oliveira, Quico Cadaval, Vicente Araguas, Cris de la Maza, Antón Cortizas, Beatriz García e Manuela SJ. Ás 18 horas desenvolverase Mareando versos pola nosa Ría e ás 20 horas Antonio Méndez, Carme Romero, Estevo Creus, Eugenia Sanmartín, Cristina Moreira, Helga Méndez e Itha K fecharán co encontro en Cuerda Floja.

Que che parece esta nova?
180 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Guerra, Ferrol, Eva Veiga...