A presenza do cantautor Paco Ibáñez centra atención no programa co que a Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol conmemora os seus dez anos. O Concello acollía o pasado martes a presentación da nova xeira deste encontro, que de novo levará a lírica ás prazas e rúas da cidade. Unha trintena de artistas, entre escritores e músicos participarán no encontro, con nomes como Ana Vega, Elisabeth Oliveira, Angel A. Simón, Yolanda Castaño, David Rey Fernández, Acefalo Teatro, Vicente Araguas, Cristina Fernandez, Xosé Abeledo, Leo Arremecághona ou Lucia Aldao e María Lado entre outros.
Segundo explicaron Karlotti e Guillermo Ferrández, coordinadores da Semana, o seu desexo é que se acheguen ao encontro entre o 19 e o 22 de abril todas aquelas persoas que participaron nalgunha das edicións desta festividade. O concerto de Paco Ibáñez, que era unha vella aspiración dos organizadores, celebrarase o vindeiro 20 de abril ás 21 horas no teatro Jofre.