Remuda con continuidade na dirección do Museo de Belas Artes da Coruña

Manuel Mosquera Cobián sucede na dirección a Ángeles Penas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
Compartir:
Ángeles Penas e Manuel Mosquera Cobián no Museo de Belas Artes  Fot: Xunta de Galicia

Ángeles Penas e Manuel Mosquera Cobián no Museo de Belas Artes Fot: Xunta de Galicia

O Museo de Belas Artes da Coruña, dependente da Xunta de Galicia, ven de mudar de dirección. Tras da recente xubilación de Ángeles Penas, será Manuel Mosquera Cobián quen tome agora o mando da institución. 

Mosquera Cobián era ata o de agora o segundo no organigrama do museo, encargándose directamente do departamento de Difusión e Acción Cultural. Funcionario de carreira e traballador da institución desde fai case trinta anos, a súa traxectoria estivo vencellada ao museo pasando por diversas áreas coordinando exposicións, xornadas e publicacións, tamén participou do deseño do actual proxecto museolóxico. 

 

Do procedemento levado a cabo para o nomeamento non hai documentación publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nin en outros boletíns oficiais, foi a través das edicións locais dos xornais que hoxe se deu a coñecer esta designación.  En resposta a consulta deste medio sobre a publicación da documentación relativa a este procedmento, desde a Consellería de Cultura. Lingua e Xuventude contestaron que "estes nomeamentos non teñen a obriga de ser publicados en ningún boletín".  Esta designación no Museo de Belas Artes da Coruña coincide no tempo coa apertura dun procedemento para a designación da nova dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), tamén dependente da Xunta, cuxa convocatoria e bases para a elección por libre designación dun profesional pertencente aos corpos de funcionarios sí foron publicadas no DOG e difundidas a través de comunicados de prensa da propia Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves