O Goberno Central recoñece o patrimonio inmaterial vencellado aos hórreos

A declaración afecta a actividades, oficios e capital inmaterial relacionado con estas construcións

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
Compartir:
Hórreos en Combarro. Fonte: Turismo de Galicia

Hórreos en Combarro. Fonte: Turismo de Galicia

Os hórreos de Galicia, Asturias, León, Cantabria e País Vasco contan desde este martes 7 de abril co recoñecemento como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. O Consello de Ministros aprobaba nesta data a declaración que valora estas construcións como "vehículos de transmisión e expresión simbólica de identidade". O recoñecemento diríxese ao seu papel como "marcadores culturais e expresións de identidade colectiva, vinculados a prácticas sociais, saberes transmitidos, memorias compartidas e representacións".

Esta declaración, que se anunciara erroneamente o pasado 31 de marzo, farase efectiva logo da súa publicación no Boletín Oficial do Estado. O novo recoñecemento para estes elementos pretende "garantir a salvagarda desta dimensión inmaterial, incorporándoa de xeito explícito nos procesos de identificación, documentación, estudio e difusión deste patrimonio, reforzando o seu recoñecemento e asegurando a súa transmisión interxeracional". 

Segundo indica o Ministerio de Cultura, "estes valores simbólicos configuran un capital cultural que contribúe á cohesión social e ao fortalecemento das identidades locais e rexionais, manténdose vivo grazas á interacción constante entre as comunidades portadoras e o ben, o que asegura a continuidade e recreación dos seus significados no tempo".

Que che parece esta nova?
148 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves