Falece o pintor redondelán Ángel Barros

O artista doara a súa obra ao Concello, que a exporá no futuro Museo Municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: artenecroloxicas
Compartir:
Ángel Barros. Fonte: Concello de Redondela

Ángel Barros. Fonte: Concello de Redondela

O pasado 1 de abril finaba, aos 90 anos de idade, Ángel Barros. O pintor nado en Redondela chegou a ser xefe do obradoiro de restauración do Museo do Louvre. Logo de anos a desenvolver diferentes oficios na emigración, retornou a Redondela logo da súa xubilación en 2004, onde reforzou o seu traballo pictórico con reinterpretacións de obras clásicas da pintura universal como eixe.

Unha primeira exposición en 2011 deu a coñecer o seu traballo na localidade, á que seguiron outras, a máis recente en outubro de 2025 a tratar "a arte en tempos de xenocidio". O autor legou 150 pezas da súa obra ao Concello de Redondela, que anunciou que este mesmo ano comezarán as obras do museo que acollerá este legado. Segundo anunciou o goberno local, está previsto investir 1.167.000 nesta instalación que recuperará as antigas casas dos mestres da localidade. Un dos tres andares do edificio, que conta cun total de 740 metros cadrados, dedicarase aos traballos de Barros. 

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves