Falece o arquitecto e artista Manuel Jorge

O legado pictórico do creador custodiarase na súa Chantada natal

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Falece o arquitecto e artista Manuel Jorge

Complicacións derivadas dunha operación cirúrxica acababan este 24 de maio coa vida do artista e arquitecto Manuel Jorge aos 91 anos de idade. O creador, nado en Chantada, conseguira un especial recoñecemento internacional polos seus traballos pioneiros no campo da arquitectura orgánica e sustentable, ademais de desenvolver un labor pictórico co que protagonizou diferentes mostras internacionais. Jorge residía desde había anos en Xàbia, Alacante, onde está radicada a fundación que leva o seu nome.

Con ocasión da exposición que lle dedicou en 2018 a Rede Provincial da Deputación de Lugo trasladáronse a Chantada unha selección das súas obras pictóricas. Agora a Asociación Amigos de Manuel Jorge desta localidade anuncia que o resto dos seus cadros se trasladarán á vila, onde esta entidade pretende crear un centro de arte dedicado á súa memoria e que albergará preto de 2.000 obras.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chantada, Arquitectura, Deputación de Lugo

Claves

Conceptos
Lugares