Falece o pintor coruñés Alfonso Abelenda

A sede de Afundación da Cidade Herculina acollerá unha antolóxica da súa obra en abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Falece o pintor coruñés Alfonso Abelenda

Onte falecía, aos 87 anos, o pintor Alfonso Abelenda logo de non se recuperar dunha recente intervención cirúrxica. Abelenda, artista multifacético, desenvolveu unha importante carreira no campo do humor gráfico, con publicacións en La Codorniz, Cambio 16 ou, máis recentemente en La Opinión A Coruña e El Ideal Gallego. No campo pictórico iniciou a súa carreira nos anos 50 conseguindo abondosos recoñecementos. O seu corpo, trasladado á funeraria herculina Génesis, será incinerado sen cerimonia.

O falecemento do pintor coincide coa preparación dunha exposición antolóxica do seu traballo que abrirá o vindeiro 12 de abril na sede de Afundación da Coruña. Arredor de 120 obras, que comprenden desde óleos ata cerámicas, poderán verse nesta mostra organizada polo galerista Suso Montero e a comisaria Valle García.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Cidade Herculina, A Coruña, Humor...

Claves

Conceptos