Falece Álvaro Caruncho

Unha doenza cardiaca acabou coa vida do pintor e ilustrador de 63 anos

15/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Retrato de Álvaro Caruncho por Pedro Puig

O pintor e debuxante satírico coruñés Álvaro Caruncho falecía onte aos 63 anos de idade. Ao parecer, unha doenza cardiaca rematou coa súa vida logo de que hai uns meses sufrise un ictus. Para está mañá estaba previsto o enterro no cemiterio de San Amaro, na Coruña, e ás 20:30 horas oficiarase unha misa funeral na Igrexa de Santa Lucía. Caruncho desenvolveu unha ampla carreira no campo da ilustración satírica, vertente que nos últimos anos abandonara para se centrar na súa produción pictórica. Nos dous campos, o artista conseguiu eco a nivel internacional e recibiu diferentes galardóns.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña

Claves

Lugares