Falece Gil Merino, membro da Real Academia

O enterro celébrase á unha da tarde no cemiterio coruñés de San Amaro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Fotografía de Gil Merino no web da RAG

Fotografía de Gil Merino no web da RAG

O que fora durante anos bibliotecario e membro de número da Real Academia Galega, Antonio Gil Merino, falecía onte aos 93 anos de idade. O entero estaba previsto para a unha desta tarde no cemitario coruñés de San Amaro. Gil Merino, que ingresara coma numerario na RAG en 1975 desempeñou durante anos o cargo de bibliotecario da institución. Desempeñou ao longo da súa carreira un amplo labor de dinamización de bibliotecas e arquivos e foi director do Arquivo Histórico do Reino de Galicia, ademais de desenvolver diferentes estudos sobre a cultura do país.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Bibliotecas, Real Academia Galega