Falece Salvador Corroto, fundador da galería Atlántica

O coleccionista será enterrado esta tarde en Miño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Foi un dos nomes máis destacados do mercado da arte do país. Salvador Corroto Parra, fundador da galería Atlántica na Coruña, falecía onte aos 65 anos de idade logo dunha longa enfermidade. Corroto abrira en 1992 a sala, que desde hai un anos xestiona o seu fillo, e desde o seu labor como galerista mantivo intensos contactos con creadores como Rafael Canogar, Luís Caruncho, Manuel Viola ou o grupo El Paso, entre outros. Corroto desempeñou tamén un importante labor de comisariado e coleccionista. O velorio realízase esta amñá no tananorio Servisa da Coruña e o enterro será esta tarde en San Xoán de Callobre, Miño.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Faleceu Manolo Soto

Activista cultural e político fora un dos pais do Festival de Poesía do Condado

Falece Isaac Díaz Pardo

As complicacións dunha pulmonía recente acabaron coa vida do histórico galeguista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Miño, A Coruña, San Xoán

Claves

Conceptos
Lugares