Bernardino Graña entra na Real Academia

O poeta nado en Cangas ingresará coma membro numerario da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Alén de escoller a Uxío Novoneyra coma vindeiro homenaxeado no Día das Letras, o plenario da Real Academia deste sábado decidiu tamén unha nova incorporación á entidade. Bernardino Graña foi elixido coma membro numerario desta institución, que o destaca no seu comunicado oficial coma “un autor cunha personalidade moi forte e cunha concepción da literatura moi clara”. Braña é autor dunha ampla obra poética con títulos coma Poema do home que quixo vivir. Novelas coma o Protoevanxeo do neto de Herodes, Contos populares da prinvicia de Lugo e obras infantís coma O león e o paxaro rebelde completan o seu amplo currículo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bernardino Graña, Cangas, Uxío Novoneyra, Contos...