O PEN Clube outórgalle a Bernardino Graña o seu premio do 2003 e anuncia novas de publicacións e actividades

Graña PEN

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Bernardino Graña recibirá o vindeiro mes no transcurso dunha cea o primeiro Premio PEN Clube de Galicia co que esta asociación homenaxea a súa traxectoria coma poeta e narrador. O PEN Clube anunciou ademais a admisión de novos membros e a apertura dunha colección, “Singulares”, que acollerá obras que non chegan doadamente aos lectores. Ademais, dentro da colección “Arte de Trobar” aparecerá a “Poesía enteira” de Xoana Torres, “A terra erma”, de Elliot e a “Obra poética galega” de Antón Tovar. Para o vindeiro ano, este colectivo anuncia a actividade “Escritores no camiño”, definida polo seu presidente, Luís G. Tosar, coma “a póla literaria do Xacobeo”, e que consistirá nunha serie de encontros de debater arredor da literatura.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PEN Clube, Bernardino Graña, Antón Tovar, Escritores...