Falece o debuxante Armando Salas

O seu traballo, centrado no humor gráfico, obtivo recoñecementos internacionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fotografía de Armando Salas. Fonte: Web do autor.

Fotografía de Armando Salas. Fonte: Web do autor.

Armando Salas, debuxante e humorista gráfico, falecía onte na súa casa aos 73 anos de idade. O autor, con sección fixa en El Correo Gallego e colaboracións en medios como Diario de Ferrol, El Ideal Gallego ou Diario de Arousa, desenvolveu unha intensa carreira desde finais dos anos sesenta en cabeceiras como Diez Minutos, Aguiluchos, Telenovela, El Globo ou Pueblo. O seu traballo obtivo recoñecementos internacionais que o levaron a ter publicado en países como Francia, Estados Unidos, Irán, Polonia, México ou Italia entre outros. Foi galardoado co premio Curuxa de Honra do Museo do Humor de Fene e unha das súas ilustracións resultou seleccionada por Reporteiros sen Fronteiras como imaxe internacional da campaña de protesta polo asasinato da xornalista rusa Anna Politkóvskaya. O autor recibirá sepultura na tarde deste 2 de xullo en O Val (Narón).

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, El Correo Gallego, Museo do Humor de Fene, Polonia...