Esta noite erguerase o pano na praza do Cantón en Chantada. Será o sinal de inicio da XIII Mostra de Teatro Popular de Chantada. Esta iniciativa conseguiu neste tempo consolidarse coma unha das convocatorias máis destacadas neste eido gracias ao traballo do Centro Teatral Faro Chantada, que naceu ao mesmo tempo que a mostra.
Desde hai xa uns noventa anos viña sendo tradición en Chantada realizar unha representación teatral ao comezo das festas patronais de agosto. As propias comisións de festas organizaban este evento traendo grupos foráneos que actuaban no medio da praza. O grande éxito que tiña este evento animou a algúns amantes da arte escénica da vila a ampliar un pouco esta actividade e montar, hai xa trece anos, a Mostra de Teatro Popular e, paralelamente o grupo afeccionado Centro Teatral Faro Chantada.
A historia
Nun comezo, a Mostra acollÃa as obras de grupos de afeccionados lucenses coa intención de dar a coñecer os logros escénicos de xente que, coma o Centro Faro Chantada, dedicaban parte do seu tempo libre ao teatro. “Cando se creou o festival habÃa bastantes grupos de afeccionados en Lugo, e aÃnda que varios xa esmoreceron aÃnda quedan algúns. Co tempo ampliamos a mostra a nivel galego.”, sinala Ramón RodrÃguez Porto, un dos promotores do evento. “Hai que darse conta de que a provincia de Lugo non ten ningunha agrupación profesional”, lembra. Desde o comezo a estructura é a mesma. Cinco obras de teatro, en cinco dÃas diferentes a razón dunha representación por dÃa. Catro compañÃas de afeccionados e unha profesional. Como en todos os eventos, houbo ocasións en que non se puido seguir completamente o esquema e fallou algunha obra, e mesmo un ano a choiva dificultou a posta en escena, pero en xeral a Mostra mantivo a súa organización.
Os cinco da trece
Abre esta XIII edición ás dez e media da noite do dezaoito de agosto co grupo Novedeus, a presencia profesional deste ano, que representará “Tempos de lecer”. No segundo dÃa poderá verse o traballo do grupo Solpor de Salvaterra con “O anel máxico”. Candelexas de Noia con “A verdadeira historia da casiña de papel” ocupará a noite do dÃa vinte, e o grupo local Faro Chantada pechara o encontro o dÃa vinteún pondo en escena a obra “O cego de Fornelos”, ademais de realizar unha homenaxe a algúns dos actores que fundaron este colectivo. Coma sempre, será a partir das dez e media da noite na praza do Cantón. “Vemos que hai bastante nivel no teatro popular. Na posta en escena, nos decorados ou mesmo nos textos de creación propia vemos unha certa evolución”, apunta Ramón RodrÃguez. A base de grupos de afeccionados a mostra conseguiu consolidarse, “Hai unha media dunhas cincocentas persoas cada dÃa vendo as pezas, e xa se fixo unha referencia no teatro popular galego”, recoñece Ramón, “de feito temos problemas xa que hai moitos grupos que queren participar, porque non teñen moitas ocasións de actuar diante de tanto público”.
Os recursos
Organizar un evento coma este é menos caro do que se puidera pensar. Desde a organización sinalan que esta edición custou un tres mil cincocentos euros. Claro que aà está o traballo de Faro Chantada, que negocia cos distintos grupos para realizar intercambios e tentan diminuÃr os gastos do concello. É esta institución a que corre na actualidade con todos os gastos. “Nas primeiras edicións o financiamento compartÃase entre o Concello,o grupo de Teatro e a Comisión de Festas, pero hai tempo que o propio concello se encarga de todo porque ata lle sae rendible, xa que lle sairÃa máis caro organizalo sen o grupo”, sinala Ramón.
O grupo
Na actualidade hai seis persoas que dedican o seu tempo libre a participar no grupo. A media de idade rolda os trinta e tres anos, aÃnda que a composición varÃa en ocasións segundo a obra que se queira montar. Ademais de organizar a mostra o grupo monta periodicamente obras coas que participan en diferentes festivais por toda Galicia. A súa intención e continuar celebrando ano a ano a Mostra de Teatro Popular e continuar a súa actividade teatral. A máis longo prazo teñen un soño: “A máis longo prazo temos o obxectivo de crear non unha escola pero si coma un colectivo desde o que achegar os mozos ao teatro”. A busca dun relevo xeracional para continuar a historia escénica de Chantada está aberta.