Comenza Redondela en Curto, unha nova edición do Festival Nacional de Curtametraxes que terá lugar entre o xoves 23 e o domingo 26 de abril en Redondela. Unha das novidades deste ano é que Redondela en Curto presenta a primeira produción audiovisual propia coa longametraxe documental Angel onde se narra a vida do restaurador redondelano Ángel Barros.
Nesta XI edición presentáronse preto de 700 filmes dos que tras unha primeira criba quedaron 40, de onde saíron os 16 que serán proxectados no Multiúsos da Xunqueira durante os 4 días que dura o certame. As curtometraxes participantes aspirarán a conseguir o Premio á mellor curtametraxe de ficción, dotada con 1.500 euros, e o Premio Andaina, valorado en 150 euros. As proxeccións terán lugar no Auditorio Multiúsos dá Xunqueira.
Produción propia
A primeira creación audiovisual de Redondela en Curto é a longametraxe documental Angel, realizada por Cuchi Carreira, sobre a obra de Anxo Barros, un dos mellores restauradores da súa época. O protagonista deste filme estivo moitos anos traballando no museo do Louvre. Despois dunha infancia marcada polo franquismo, percorreu medio mundo en busca da súa paixón; a pintura e a restauración. En anteriores edicións do festival expuxéronse cadros seus, polo que a proxección desta película, pecha o ciclo.
Redondela en Curto terá por primera vez unha sección dedicada ao Cine Galego, coa que se pretende dar un impulso ao audiovisual do país. Ademais, convertese no único festival galego cunha sección, Andaina, dedicada ás minusvalideces onde se proxectarán curtos relacionados con persoas con necesidades especiais.