Deste este 30 de marzo a editorial Cuarto de Inverno ten dispoñible Begoñísima. Andrea Nunes Brións fai nesta obra unha aproximación á figura de Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras 2026, para o público máis novo. O volume de 40 páxinas propón retratar a Caamaño desde a proximidade sen caer na biografía, e conta con ilustracións de Agustina Shuan.
Segundo lembra a presentación editorial, "este libro non é só un conto sobre a vida e a obra da autora Begoña Caamaño, referente feminista, defensora da lingua, dos dereitos humanos e da xustiza. É tamén unha homenaxe a todas as persoas que se organizan, que soñan xuntas, que transforman o mundo desde o coidado e a rebeldía".




