Xosé de Cea faise co IV premio de novela da Galicia Rural

'Nacional 547' é un relato iniciático sobre o retorno dus emigrantes a Palas de Rei nos anos 70

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xosé de Cea.

Xosé de Cea.

O escritor Xosé de Cea fíxose co IV Premio de Novela da Galicia Rural coa novela Nacional 547. Segundo o autor, "Nacional 547 máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en hemorraxias de arela e frustración a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna dende Barcelona cos seus pais a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, irá descifrando a existencia na procura de redención grazas aos códigos achados na amizade e na traizón, no sexo e no desamor, nas drogas, na violencia, na soidade, na literatura, no rock… Un relato iniciático adubado con pornografía, heavy metal e Goma 2 que non deixará indiferente a ninguén". O certame está convocado polo concello de san Xoán de río, co patrocinio da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta e a colaboración da editorial Galaxia. 

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé de Cea, Palas de Rei, San Xoán, Rock...