Galaxia celebra o seu 75 aniversario cun galardón de novela

Está dotado con 25.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xosé Soutullo, Antón Vidal, Dolores Vilavedra e Marcos Calveiro. Foto: Galaxia

Xosé Soutullo, Antón Vidal, Dolores Vilavedra e Marcos Calveiro. Foto: Galaxia

A editorial Galaxia cumpre 75 anos e marcou como un dos fitos a organización do Premio Galaxia de Novela 75 anos. O certame conmemora tamén o 50 aniversario de Xoguetes para un tempo prohibido a novela coa que Carlos Casares, un escritor que logo sería director tamén da editorial, gañara o premio que a editorial organizara polo seu 25 aniversario. O novo premio convocado ten de prazo para presentar orixinais ata o 1 de decembro de 2024 e contará cun único premio de 25.000 euros. O xurado estará presidido pola profesora e crítica Dolores Vilavedra.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Dolores Vilavedra, Editorial Galaxia

Claves

Entidades