Andrea Maceiras gaña o Raíña Lupa cunha novela sobre as tensións das redes sociais na mocidade

O premio está dotado con 6500 euros e a publicación da obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Andrea Maceiras. Foto: Nomada226 / Wikipedia

Andrea Maceiras. Foto: Nomada226 / Wikipedia

Logo de gañar en 2020 o premio Merlín de literatura infantil convocado por Xerais, a profesora Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) fíxose onte co Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, coa novela Que se me pare o corazón se te esquezo. O xurado valorou desta novela, que ofrece unha lectura dos conflitos da adolescencia a través da súa plasmación nas redes sociais, como "un tema de plena actualidade, como é o uso das redes sociais, mais tratado dun xeito non moralizante, que expón situacións duras sempre fuxindo da forma panfletaria". O premio, dotado con 6500 euros, tamén inclúe a publicación da obra nunha editorial.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrea Maceiras, Literatura, Deputación da Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares