A novela "Virtudes (e Misterios)' (Ed. Galaxia) de Xesús Fraga (Londres, 1971), ven de valerlle ao escritor o Premio Nacional de Narrativa do Ministeriod e Cultura e Deporte. O xurado do galardón propuxo ao escritor ao considerar esta obra "por amosar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e inserirnos nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América". Asemade, o xurado sinala: "Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven a cabalo entre dous mundos".
O xurado, presidido por María José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro e Fomento da Lectura e actuando como vicepresidenta Begoña Cerro Prada, subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, estivo formado por: Aurora Gloria Egido Martínez, designada pola Real Academia Española; Rosario Álvarez Blanco, pola Real Academia Galega; Luis Roberto González de Viñaspre Gonzalo, pola Euskaltzaindia; Damià Pons i Pons, polo Institut d'Estudis Catalans; Ignacio Eduardo Martínez de Pisón Cavero, pola Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE); Ernesto Pérez Zúñiga, pola Asociación Colegial de Escritores de España (ACE); Irene Suárez Bardón, pola Asociación Española de Críticos Literarios; Iker Seisdedos García, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE); Marta Cerezo Moreno, polo Centro de Estudios de Género de la UNED; Francisco Gutiérrez Carbajo, polo Ministerio de Cultura e Deporte e Juan Bonilla Gago, autor galardoado na convocatoria de 2020.
Da obra gañadora escribe Xavier Queipo, nunha recensión publicada en CulturaGalega.gal: "Xesús Fraga usa unha prosa limpa de artificio, directa, que ten como albo o corazón de quen le esta historia. Consegue inserir palabras ou frases en inglés de xeito tan medido que dá idea inmediata do dominio das súas dúas linguas de amor: o galego e o inglés, que son as súas patrias tamén, unha de nación, pois naceu en Londres e pasou parte da nenez comunicándose coa nai nesa lingua para el propia, a outra de adopción, pois foi educado en castelán, como tantos de nós, humillados na escola para facer de nós cidadáns domesticados. Unha nenez que, nas súas palabras: "de tan remota pode semellar máis soñada que vivida"."