Nace o Premio de Novela da Galicia Rural

O Concello de San Xoán de Río convoca o certame co apoio da Xunta e da editorial Galaxia

24/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un certame que pretende "promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria". Esta é a proposta que acaba de presentar o Concello de San Xoán de Río (Ourense) ao convocar o I Premio de Novela da Galicia Rural.

O galardón, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da editorial Galaxia, está aberto a obras inéditas "que sitúen a súa trama na Galicia rural ou que concedan a esta un protagonismo relevante", cunha extensión mínima de cen páxinas e redactadas na normativa ILG/RAG.

A persoa gañadora recibirá mil euros en metálico e poderá ver a súa obra publicada en Galaxia. As novelas poden remitirse a concurso ata o vindeiro 30 de xuño.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Xoán, Editorial Galaxia, Ourense, Política Lingüística...