Galaxia crea un novo premio de narrativa para autores novos

O Premio Illa Nova está orientado para creadores menores de 35 anos

12/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A conmemorar o nacemento, hai agora 60 anos, da colección Illa Nova, a editorial Galaxia acaba de crear o Premio de Premio Illa Nova de Narrativa. Ao igual que aquela colección, a nova iniciativa está destinada a creadores novos, en concreto a menores de 35 anos, para "dar voz á xeración máis nova co obxectivo de estimular a creación" e "abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria". Pódense presentar ao novo certame novelas e conxuntos de relatos cunha extensión mínima de 100 páxinas, que optarán a un premio de 3.000 euros e á publicación do traballo gañador na colección Literaria de Galaxia. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 31 de marzo.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Editorial Galaxia

Claves

Entidades
Conceptos