Antía Yáñez gaña o Premio Illa Nova coa novela Senlleiras

Está limitado aos menores de 35 anos

16/4/2018 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
A escritora Antía Yáñez fíxose co Premio Illa Nova de Narrativa 2018, que convoca a Editorial Galaxia para menores de 35 anos. A novela gañadora, Senlleiras, achega segundo a ecditorial "unha cuestión tan presente ao longo da historia como a violencia contra as mulleres". O xurado, composto por Anxos Sumai, Daniel Asorey, Montse Pena Presas, Xacobe Pato e Antía Monteagudo, premiouna por unanimidade e recibirá 3000 euros e a publicación por Galaxia.

Universo culturagalega.gal