A novela A noite do lobo de Abel Tomé (Outes, 1984) resultou a elixida polo xurado da terceira edición do Premio Illa Nova de Narrativa para autores e autoras menores de 35 anos convocado pola editorial Galaxia. O xurado, composto pola lectora Paz Raña Lama, a escritora Iolanda Zúñiga e a xornalista Ana González Liste, valorou que nesta novela "o autor emprega unha prosa dinámica, contida, na que nada sobra e coa que logra construÃr imaxes contundentes". Ademáis, subliñan que "o dominio da lingua e a escolla dos topónimos e antopónimos colaboran, sen dúbida, a engrandecer a ficción". A obra desenvólvese nunha época remota no acervo galaico portugués pero conta tamén con referencias actuais e reminiscencias a David Lynch, a Mary Shelley ou mesmo a Cortázar. O relato, narrado a través da figura dun cazador de lobos atÃpico, é unha defensa do patrimonio natural no que tamén destaca a forza do pobo contra o poder e unha vontade anticolonial. Abel Tomé é graduado en Xornalismo e actualmente compaxina a comunicación e o deseño cun mestrado en Dereitos Humanos. Previamente, publicara xa en Galaxia A noite do corvo (2018), novela coa que fora finalista deste mesmo certame Illa Nova no 2017. O premio consiste en 3.000 euros, unha escultura conmemorativa e a publicación na obra dentro da colección Literaria da Editorial Galaxia, feito que ocorrerá nas vindeiras semanas.