Medio cento de mascaradas reúnense na IX ViBoMask

O Festival Internacional Mascarada Ibérica celébrase en Viana do Bolo e Vilariño de Conso entre os días 20 e 22 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioEntroido
Compartir:
Medio cento de mascaradas reúnense na IX ViBoMask

Unha conferencia sobre "Máscaras vivas, ritos, performances y arte mascarero", a cargo de María Pilar Panero, directora de la Cátedra de Estudios sobre la Tradición de la Universidad de Valladolid, abre este 20 de marzo a novena xeira de ViBoMask, o Festival Internacional Mascarada Ibérica. Viana do Bolo e Vilariño de Conso celebran entre ese día e o 22 as actividades deste encontro, que reúnen medio cento de personaxes enmascarados de diferentes entroidos e celebracións tradicionais da Península Ibérica. 

Festividades de Galicia, España e Portugal reúnense nun programa que inclúe na súa primeira xornada outras conferencias sobre o Jarramplas estremeño, a creación da máscara do piliqueiro ou os toros e Guirrios de Valilla de la Reina, en León. Unha foliada fechará as actividades dese día 20 en Viana.

Para sábado, celébrase, tamén nesta localidade,  un mercado de artesanía e preséntase a Guía ilustrada do Entroido Galego que publicou Edicións Xerais. Sesión vermú e actuacións musicais completan o acto central, o desfile de máscaras que percorrerá as rúas da vila a partir da 17 horas.Tanto o mercado como a presentación do libro e o desfile repetiranse o domingo 22 en Vilariño de Conso.

 

Programa completo da IX ViboMask 

Imaxe 1

 

Que che parece esta nova?
144 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viana do Bolo, Entroido, Valladolid, Península Ibérica...