A Mascarada Ibérica cumpre 10 anos

Vilariño de Conso e Viana acollen o encontro de entroidos entre o 16 e o 18 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Mascarada Ibérica cumpre 10 anos

Desde o venres 16 ao domingo 18 de maio, os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo acollen a nova xeira do Vibomask. O Festival Internacional Mascarada Ibérica fai dez anos a concentrar medio centro de personaxes de entroidos tradicionais de España e Portugal.

O programa comeza en Viana cunha conferencia sobre a celebración da Vijanera cántabra, outra que abordará as conexións entre España e México a través das máscaras, e unha terceira centrada nos entroidos arraianos. Un obradoiro de pintura en camisetas e a apertura da mostra que repasa a primeira década deste encontro protagonizan as actividades do día 16, que finaliza cunha foliada e unha actuación musical.

A localidade continúa a protagonizar o programa do día 17 co habitual mercado de produtos típicos e artesanais e o desfile das máscaras. As actividades contarán con ambientación musical en sesión vermú e nocturna, ademais de foliada.

As actividades trasládanse a Vilariño de Conso na última xornada, onde repetirán mercado e desfile. A estes súmase o IV Festival de Música Tradicional e Popular que nesta xeira se suma ás homenaxes polo Día das Letras Galegas.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Día das Letras Galegas, Obradoiro, México