Viana e Vilariño de Conso acollen a I Mascarada Ibérica

Entroidos típicos do noroeste da Península reúnense os vindeiros 17 e 18 de xaneiro

8/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniosociedade
42 lecturas | Compartido 0 veces

Felos, folións, caretos, jurros ou sidros son algunhas das manifestacións de Entroido que se reúnen este ano por vez primeira en Viana do Bolo e mais Vilariño de Conso. Os días 17 e 18 de xaneiro as dúas localidades ourensás acollen a I Mascarada Ibérica, un encontro que xunta manifestacións tradicionais destas festas de Galicia, Portugal, León e Asturias. Máscaras e grupos musicais como os folións percorrerán durante a fin de semena de celebración as rúas de Viana e de Vilariño nun desfile conxunto que busca pór en valor estes entroidos.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos