O festival internacional Vibomask, Mascarada Ibérica, ten todo preparado para celebrar a súa novena edición entre os vindeiros 26 e 28 de abril. Viana do Bolo e Vilariño de Conso acollen, como é habitual, as actividades deste encontro que reunirá noventa e dúas máscaras de corenta e cinco entroidos tradicionais. Representantes de mascaradas de inverno de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Castela e León, Estremadura, Castela - A Mancha, Portugal e Italia participarán da proposta.
O punto central do programa será o desfile de máscaras, que se celebrará o día 27 de abril ás 17 horas en Viana e o 28 ás 11:30 da mañá en Vilariño. De xeito previo, cada unha das localidades acollerá unha nova edición da feira de artesanía Vibomarket.
O día 26, en Viana, o fotógrafo Roberto de la Torre presentará a súa obra Diablos e mascaritas de Luzón e Daniel Boyano Sotillo falará sobre as máscaras da Seabra. Ás 18:30 horas presentarase o entroido de Sappada, de Italia, que é a celebración convidada a esta edición.
De xeito previo, o Concello de Viana acolle desde o 20 de abril a exposición Entroido, mobiliario vestido. Na mesma, o escultor local Piquico integra elementos das máscaras tradicionais con mobles para crear esculturas. O programa complétase con charangas, sesión vermú e, no día 26, unha foliada que percorrerá as rúas e bares de Viana a partir das 20 horas.
A organización do encontro promoveu unha campaña de Crowdfunding para conseguir fondos que apoien as celebración. A xente que achegue doacións aparecerá nos créditos do vídeo que resumirá esta edición.