Máscaras da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela A-Mancha, PaÃs Vasco, Bragança e Viseu participarán do VIII Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica, que se celebra en Vilariño de Conso e Viana do Bolo entre os dÃas 17 e 19 deste mes de marzo.
O encontro, que se presenta como "a maior concentración de mascaradas de toda a penÃnsula Ibérica" reivindica o patrimonio dos entroidos tradicionais. Na mesma liña, a organización do evento avoga "por elaborar unha candidatura conxunta das mascaradas da penÃnsula Ibérica para entrar na lista de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO".
A actividade comezará na mañá do dÃa 17, cando fotógrafo Pedro G. Losada e o artesán de máscaras Xosé Manuel Seixas impartirán unha experiencia sobre o seu labor no instituto de Viana. Nese mesmo dÃa a sala de exposicións do Concello abrirá a mostra O Entrudio de Viana do Bolo no tempo. Unha foliada polas rúas e bares da aldea completarán o programa desta xornada inaugural.
O ViBoMarket, mercado de produtos tÃpicos e artesanais, que estará instalado na zona da Praza Maior dará paso na tarde do dÃa 18 ao desfile de todas as máscaras participantes na actividade. Os concertos do programa ViBoMusic, con Nova Era, Guezos e SkaloPndras pola noite completan a proposta para a xornada. Para o dÃa 19 será Vilariño de Conso a que acolla o Vibomarket e o desfile de máscaras.