Vilariño e Viana celebran a VI Mascarada Ibérica, renomeada Vibomask

O encontro internacional contará con representantes de 43 entroidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Vilariño e Viana celebran a VI Mascarada Ibérica, renomeada Vibomask

A VI edición da Mascarada Ibérica que organizan cada ano asociacións dos concellos de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso chega con novidades. Para alén de incrementar ata corenta e tres o número de tradicións de Entroido representadas, a iniciativa muda o seu nome e preséntase por vez primeira como Vibomask. O nome responde ao irmanamento do evento co festival Mamumask de Cerdeña. Precisamente a illa Italiana estará presente na actividade a través dos seus mamuthones e issohadores. Canda a eles, Cantabria, Castela e León, Castela- A Mancha, País Vasco, Portugal e por suposto Galicia participan do programa.

Como é habitual, a Mascarada consistirá nun desfile polas rúas de Viana do Bolo (día 11 ás 16:30 horas) e outro por Vilariño (día 12 ás 12:30 horas). Con anterioridade, as vilas están a acoller conferencias, obradoiros e presentacións arredor do Entroido ademais de actuacións de grupos de música tradicional.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Asociacións, Mancha, Castela e León...