A conversa de tres irmás xémeas cando se reencontran coa súa nai nunha cea na noite de San Xoán é a base sobre a que se constrúe Señores. De Ste Xeito produción presenta a súa nova proposta escénica con dirección e dramaturxia de Sergio Macías. A estrea será o 13 de marzo e a obra poderá verse ata o 14 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo.
Pepa Barreiro, Nadia Domenech, Stephy Llaryora e Ana Sen Fernando poñen sobre as táboas esta "comedia machirula" que "fala de irmás, de nais e fillas e de noites máxicas" e "onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres". As entradas están dispoñibles no web Ataquilla.com




