Unha conversa entre Sócrates, Platón e Aristóteles sérvelles a Inversa Teatro para afondar nas causas estruturais da violencia machista. A compañÃa preestrea este venres 9 na Illa de Arousa e estrea oficialmente o dÃa 10 no Auditorio Municipal de Vigo SofÃa e as Postsocráticas. Marta Pérez escribe, a partires de materiais de creación colectiva, dirixe e interpreta esta nova produción na que tamén están sobre as táboas MarÃa Roja e Silvia Penas. O grupo complementa o traballo actoral con máscaras e dispositivos audiovisuais para propor unha reflexión encol da responsabilidade colectiva sobre este problema. Inversa ten tamén confirmada a súa presenza na vindeira edición do Cultural, onde representará a obra o dÃa 30 de novembro. Con posterioridade, a obra poderá verse no Teatro Principal de Santiago entre o 11 e o 16 de decembro.
Actualización: Por lesión dunha das actrices, a preestrea adÃase ao 30 de novembro no Culturgal, en Pontevedra, e a estrea fica fixada para o dÃa 5 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo.
Actualización: Por lesión dunha das actrices, a preestrea adÃase ao 30 de novembro no Culturgal, en Pontevedra, e a estrea fica fixada para o dÃa 5 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo.