As irmás Touza, que contribuÃron desde Ribadavia á fuxida de medio cento de persoas perseguidas polo nazismo, protagonizan a nova proposta escénica de Amorodio Teatro. O Auditorio Municipal da vila acolle este 21 de xaneiro a estrea desta obra que dirixe Marián Bañobre e protagonizan Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco.
De xeito previo, o xoves 20, Rianxo recibe a preestrea da montaxe, que se presenta como "unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral". O texto de Laura porto emprega "a memoria como tren, viaxamos entre o pasado das irmás e os nosos presente e futuro, na procura dun modo de ser e actuar que nos permita mellorar o mundo das nosas fillas".