Ribadavia homenaxeará as irmás que axudaban aos xudeus a fuxir a Portugal

O acto celebrarase o sete de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Ao longo da II Guerra Mundial, as irmás Xulia, Lola e Amapro Touza Domínguez participaron, desde Ribadavia, nunha rede que permitiu a fuxida a Portugal de xudeus perseguidos polo réxime nazi. Para lembrar esta pouca coñecida historia, a ONG Asemblea Universal Sefardí `Isaac Siboni´ celebra o vindeiro sete de setembro unha homenaxe nesta vila. No acto está previsto que participen familiares das tres mulleres, xa falecidas, e que se faga unha ofrenda nas súas tumbas. O pasado mes de xuño, esta mesma organización xa lembrara as irmás Touza noutra homenaxe en Xerusalén.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Ribadavia, Mulleres, II Guerra Mundial