Os escritores homenaxearán ao Museo do Pobo Galego e ás irmás Pura e Dora Vázquez en vindeiros eventos

Museo bo e xeneroso

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) dedicará ao Museo do Pobo Galego a homenaxe "Os bos e xenerosos", na súa segunda edición a celebrarse o 30 de abril. O presidente da Real Academia Galega fará a laudatio da institución homenaxeada nun acto que congregará en Compostela á directiva e socios da asociación e a numerosas personalidades da vida cultural e social. A AELG tamén anunciou que celebrará en Poio e Pontevedra o XXV aniversario da súa fundación o 4 e 5 de xuño ao tempo que decidiu que as protagonistas da XI edición da homenaxe " O escritor na súa terra" sexan as irmás Pura e Dora Vázquez a quen a asociación vai homenaxear en Ourense, a súa cidade natal, o 25 de xuño.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Museo do Pobo Galego, Lingua galega, Real Academia Galega...