A AELG nomea a Francisco Carballo Carballo “Bo e xeneroso”

O historiador Anselmo López será o encargado de pronunciar unha laudatio no acto de entrega

16/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadehistorialiteratura
19 lecturas | Compartido 0 veces
Historiador, mestre de historiadores e promotor de empresas editoras en galego. Estes son os motivos polos que o Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), decidiu nomear “Bo e Xeneroso” a Francisco Carballo Carballo (Maceda, 1925). Nunha nota de prensa, a ALG destaca a traxectoria do homenaxeado que “participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores á realidade social e cultural de Galicia”. Francisco Carballo únese á Avelino Pousa Antelo, Museo do Pobo Galego, Ponte nas ondas, Isaac Díaz Pardo, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Mariví Villaverde, Concellos organizadores do Premio Blanco Amor e Francisco Fernández del Riego.
O acto de entrega deste galardón terá lugar no primeiro trimestre de 2012 en Santiago de Compostela, cunha laudatio do historiador Anselmo López Carreira.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego