O sábado, 28 demarzo, o Museo do Pobo acolle a sexta edición de “Os Bos e Xenerosos”, celebración coa que Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxea un escritor ou colectivo que contribuÃse á difusión pública da nosa cultura. Nesta ocasión, a actividade servirá para lembrar a figura de Marivà Villaverde, a quen se lle entregará unha placa conmemorativa. Segundo a nota de prensa da asociación, Villaverde “representa desde o anonimato os exiliados/as represaliados/as cuxa memoria cómpre restaurar. Ao mesmo tempo é a xusta homenaxe aos colectivos que traballan na recuperación da Memoria Histórica”. Marivà foi actriz, autora teatral, colaboradora do xornal Galicia, e legadora da transición republicana no exilio. Foi unha das represaliadas durante a Guerra Civil cando chegou a estar na cadea.