O pazo de Trasalba acolle unha homenaxe a intelectuais perseguidos pola ditadura

A RAG xunto coas fundacións Otero Pedrayo e Castelao apoian o acto no que participaran representantes do eido cultural

15/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaLiteratura
36 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel do evento

Cando se fan 80 anos do golpe de Estado que levou á Guerra Civil e á posterior ditadura o Pazo de Trasalba acollerá este sábado un acto cultural de homenaxe aos intelectuais represaliados e perseguidos polas súas ideas. Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Alexandre Bóveda ou Anxel Xasal entre outros, será obxecto de homenaxe e recordo na sede da Fundación Otero Pedrayo co apoio da Real Academia Galega o Concello de Amoeiro e a Fundación Castelao.



A homenaxe comezará o domingo, ás 12:30 do serán, inclúe dúas disertacións académicas, unha sobre Otero Pedrayo e outra sobre Castelao; unha charla de Carlos Núñez sobre o seu pai, Albino Núñez; música; varias intervencións sobre a guerra civil e a literatura e un peche poético. Representantes da Real Academia Galega, da Fundación Otero Pedrayo, o Concello de Amoeiro xunto a intelectuais e artistas como Carlos Núñez, María Xosé Queizán, Dolores Vilavedra, Helena Villar Janeiro, Luís González Tosar, Xesús Rábade Paredes, Gregorio Ferreiro, Carmen Blanco, Clodomiro Montero ou María do Cebreiro, participarán na xornada.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego