A historia do primeiro matrimonio entre mulleres do estado é a base de Elise e Marcela, o novo proxecto de A Panadaría Teatro que chega hoxe ás táboas por vez primeira no auditorio de Rianxo. A montaxe, que parte dun texto de Gena Baamonte, Esther F. Carrodeguas e A Panadaría, foi posible mercé a unha coprodución entre a compañía, a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Rianxo, e conta con dirección de Gena Baamonde. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman protagonizan esta trama na que encarnan unha vintena de personaxes. Logo da preestrea desta noite, a obra visitará Dumbría, onde viviu a parella, o 12 de outubro, para realizar a estrea oficial o vindeiro día 14 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.