A Deputación da Coruña presenta o Manual para políticas culturais locais

A publicación, dispoñible en liña, achega 6 fases e 25 accións para favorecer o traballo dos concellos neste ámbito

| Santiago. Redacción | Seccións: políticas culturais
Compartir:
A Deputación da Coruña presenta o Manual para políticas culturais locais

A Área de Cultura de Deputación da Coruña presentaba este 4 de marzo o Manual para políticas culturais locais. 6 fases e 25 accións para fortalecer a cultura. Esta publicación, que se enmarca no programa A cultura é un dereito, defínese como "unha guía práctica dirixida a persoal técnico, responsábeis públicos e axentes culturais" e está dispoñible en rede.

De xeito máis concreto, o texto, coordinado por Fran Quiroga e Adela Vázquez, "propón unha metodoloxía estruturada en seis fases e vinte e cinco accións co obxectivo de trasladar aos concellos ferramentas concretas para planificar, avaliar e impulsar proxectos culturais centrados no ben común e na garantía efectiva dos dereitos culturais". O manual achega ferramentas de diagnose para coñecer a situación da cultura en cada concello, propón desenvolver estratexias e achega exemplos de éxito de diferentes medidas. 


Residencias artísticas, laboratorios cidadáns, traballo social arredor do patrimonio, apoio a asociacións e comisións de festas ou colaboración con outros concellos son algunhas das propostas que se desenvolven no texto, que tamén dá conta da necesidade de avaliación do traballo e da documentación dos procesos realizados.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As épocas da cultura

As épocas da cultura

O Consello da Cultura acolleu o debate sobre 40 anos de políticas culturais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Políticas Culturais, Deputación da Coruña, Guía, Fran Quiroga...