O vindeiro martes 18 a sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela acolle a xornada 40 anos de políticas culturais, a debate. Con este encontro, a entidade quere "propiciar un diálogo aberto que nos permita identificar as temáticas históricas máis relevantes, as fases principais e os fitos máis significativos das políticas culturais autonómicas neste extenso (e intenso) período".
Ao tempo, a iniciativa propón "facer un balance das luces e das sombras, dos acertos e dos erros, e avaliar até que punto se conseguiu a misión da `defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego' ou, mesmo, se ese obxectivo segue vixente ou se cumpriría que fose actualizado/enriquecido", segundo explica a presentación da xornada.
A sesión artéllase en dúas mesas redondas, a primeira das cales contará coa presenza de Luís Álvarez Pousa, exdirector xeral de Cultura, María Xosé Porteiro, xornalista, e Marcos Lorenzo, técnico de Cultura do Concello de Ferrol e membro da Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do CCG para abordar as institucións culturais da Autonomía. Na segunda mesa repasaranse as "etapas e fitos significativos das políticas autonómicas" no campo da cultura da man de Xavier Campos, asesor da política cultural da Deputación da Coruña e membro da Comisión, Xesús Lage, profesor titular de Socioloxía da Universidade de Vigo, Mercedes Rosón, concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade do Concello da Santiago de Compostela, e mais Xavier Senín, exsubdirector xeral de Cultura e tradutor. O prazo de inscrición á xornada está aberto.
En paralelo, o Consello da Cultura celebraba este 11 de xaneiro a sesión plenaria na que acordou iniciar o proceso de renovación dos seus membros. O proceso rematará en abril logo da mudanza da metade da composición do plenario, tanto de membros electivos, recoñecidos polos seus méritos, como nos representativos, designados polas institucións que compoñen. Con posterioridade, de cara ao mes de xullo, desenvolverase a renovación dos cargos de presidencia e da comisión executiva. Na reunión presentouse o resumo de actividade da institución en 2021 e adiantáronse os proxectos para o ano que comeza.