Falece o historiador e bibliotecario Francisco Xavier Redondo Abal

Foi autor de múltiples obras sobre a represión franquista

| Santiago. Redacción | Seccións: historianecrolóxicas
Compartir:
Francisco Xabier Redondo Abal. Fonte: Editorial Laiovento

Francisco Xabier Redondo Abal. Fonte: Editorial Laiovento

Este venres 20 de febreiro falecía en Compostela o historiador e bibliotecario Francisco Xavier Redondo Abal aos 62 anos de idade. Redondo era na actualidade director da biblioteca Física e Óptica e Optometría da Universidade de Santiago logo de moitos anos a traballar na da Facultade de Filoloxía. Ademais, na súa faceta como historiador, publicou unha ducia de obras sobre a represión franquista e facía parte do grupo Histagra da USC.

Entre a súa produción destacan títulos como Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965), O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil, Bibliotecarias e bibliotecarios "infames". A depuración franquista do corpo bibliotecario republicano: o caso galego, Arelas de liberdade na Galiza. Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL, 1964-1976) ou El movimiento libertario español visto por la policía franquista: documentos de la Brigada Político-Social sobre la CNT-FAI-JJLL (1941-1960)

Ademais, foi colaborador habitual de publicacións como a revista Murguía, Luzes, Anuario Brigantino, Grial, ou A Trabe de Ouro entre outras e facía parte da sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega. Entidades como a Universidade de Santiago ou o escritor Claudio Rodríguez Fer lamentaron o pasamento.

Que che parece esta nova?
137 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Facultade de Filoloxía, Claudio Rodríguez Fer, Ouro...